miércoles, 18 de junio de 2014

Medindo o pH da auga de chuvia.

O alumnado do 1º e 2º curso do CS de Saúde Ambiental estivemos medindo o pH da auga de chuvia utilizando un pHmetro.
 Determinación ph chuvia
Todos os días os nosos compañeiros e compañeiras do instiuto achegávanse á garita meteorolóxica para recoller os datos (temperatura máxima, mínima, pluviosidade...) e se había auga de chuvia no pluviómetro recollíana e a deixaban no laboratorio.
Pluviómetro
Nós analizamos o pH e recollemos todos estes datos nunha folla.



O pH, en condicións naturais, ten un valor de 5.6. O noso obxectivo é saber se na nosa zona se dá o fenómeno coñecido como chuvia ácida.
Como podedes ver na táboa, os nosos valores están entrono ao 6 e isto considerámolo normal. Algúns días o resultado da análise levábanos a valores moi altos, entorno a 8 ou incluso 9. Isto xa non nos parecía un resultado normal, así que comezamos a fixarnos en que cousas poderiamos estar facendo mal...
Utilizando tiras reactivas decatámonos de que o erro tiña que estar no pHmetro.
Cinta pH
   Tiras pH
Co paso dos días e revisando as instrucións do pHmetro démonos de conta de que ás veces calibrábamos comezando pola solución tampón pH 4.01 e outras pola pH 7. Así que probamos a facer a medición de varias mostras das dúas maneiras. E efectivamente, o valor variaba.
Facendo a calibración en dous puntos comezando pola solución de pH 7, tal e como recomenda o aparello, obtemos valores máis aproximados ao esperado. Se invertimos a orde da calibración, os valores chegan ata o 8 ou 9.
Descartamos que o problema fora a temperatura da mostra, xa que os electrodos do noso pHmetro teñen unha sonda de temperatura que a axusta aos valores de pH.
Parécenos interesante compartir a nosa experiencia, porque dos erros aprendemos...
Cos datos obtidos, descartamos que se producira chuvia ácida nos meses da análise. É dicir, de febreiro a maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario